O grupo Achádego Teatro presenta este sábado, 14 de outubro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 20:30 horas, a obra Balas sobre Broadway.
Trátase dunha adaptación da película de Woody Allen na que a acción transcorre na Nova York dos anos vinte, na época da lei seca, na que a prohibición da fabricación e venda de alcohol derivou nun incremento do crime. Nesta sociedade marcada pola mafia, o escritor David Shayne precisa apoio financiero para levar aos escenarios de Broadway a súa obra Deus do noso país. O humor, a crítica á pseudo-intelectualidade que as veces rodea ao mundo cultural, o teatro, os gansters, a música e o baile están presentes nesta obra.