O Concello de Viveiro xa ten lista a programación cultural para o Teatro Pastor Díaz nos meses de outubro, novembro e decembro, co protagonismo da música e o teatro para todas as idades.
A primeira das actuacións previstas, do Coro Mestre Pacheco este sábado 3 de outubro, dentro do programa ‘Musiqueando’, ten que suspenderse debido á situación sanitaria, xa que os espazos cos que conta o concello non reúnen ás condicións idóneas para un espectáculo deste tipo.
Nas próximas semanas pasarán polo escenario do Pastor Díaz Malasombra Produccións, con ‘Bernarda’; Teatro do Atlántico, con ‘Dúas donas que bailan’; Culturactiva Produccións, con ‘Rosalía’, ou a Banda Municipal de Música de Viveiro.
Haberá límite de aforo e será necesario o uso de máscara en todas actividades, ademais de cumprir coa distancia social.
As actuación programadas para o mes de outubro son as seguintes:
O sábado 10 ás 20:30 horas Malasombra Produccións representará a obra Bernarda, incluída na RGTA.
O sábado 17 ás 20:30 horas Teatro do Atlántico porá en escea Dúas donas que bailan, tamén incluído na RGTA.
O sábado 24 ás 20:30 horas Marela Produccións representará a obra Liberto, do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 21.
O sábado 31 ás 18:00 horas Culturactiva Produccións presentará Rosalía, obra dirixida a nenos e nenas con idades entre 4 e 10 anos.