Desde o Programa de Emprego para as persoas mozas Vencellos da Memoria, de Ribadeo, levan a cabo un traballo de dixitalización do Concello ribadense para o que piden a axuda da cidadanía.
Este proxecto, levado a cabo en colaboración coa Rede Museística Provincial de Lugo, pretende a recuperación da historia da zona a través da fotografía. Por iso, pídese a axuda dos veciños e veciñas para crear un arquivo dixital onde se vexa a evolución do concello.
As instantáneas recibidas someteranse a un proceso de restauración e coloreado para a súa posterior exposición en Ribadeo e nas súas parroquias.
As persoas interesadas poden enviar as súas fotografías ao correo electrónico obradoiroproducion@gmail.com e ao facebook e instagram Vencellos da Memoria.