O Iberia CF celebra unha comida baile o 17 de abril nos Colexios Vellos de San Miguel (Barreiros)

O Iberia Club de Fútbol celebrará unha comida baile o día 17 de abril, Xoves Santo, nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, no municipio de Barreiros. A sesión vermú comezará ás 13:00 horas e o xantar será desde as 14:30.

“Xa está aquí un dos eventos máis agardados para a familia branquiazul: a nosa Comida-Baile! Con sesión vermú, moita música, gran xornada cun gran ambiente na mellor das compañías, a vosa! Xantar servido por catering Sarredo e bar a beneficio do clube. Música a cargo do Dúo Belinda e do noso DJ residente, DJ Darío. Xoves 17 , Xoves Santo, nos colexios vellos de San Miguel, sesión vermú a partir das 13.00 horas e xantar das 14.30. Tarxetas á venda nos bares de San Miguel ou a través de calquera integrante da xunta directiva”, anuncia o Iberia CF.