En Augaxosa, a fermosa parroquia de Riotorto, a medio camiño entre Lourenzá, Riotorto e A Pontenova o vindeiro sábado, 14 de marzo, ás 21,00 horas, o Grupo Teatral O Centiño, de San Martiño, recuperará de novo a figura de Eduardo Pasmarote, o indescritible presentador de televisión que se converte en superheroe despois de inxerir inxentes cantidades de guindilla. De novo poderemos ver os programas "Al loro", "Repolos e centolos", o "Noticiario"... e tamén as complicadas relacións de Romualdo, Jacky e Pinky, Betti Gutiérrez, Manuela Tormentas e Ana Rosa, sobre todo cando teñen que enfrontarse aos dous miserables ladróns, tan inofensivos como torpes, Triquiñuela e Carajillo.
Dende Augaxosa, descendendo en grandes riadas dende a montaña, baixarán as risas e a alegría do Centiño, convertidas en teatro.