O filme de Xan Leira sobre El Viejo Pancho preséntase en Ribadeo este xoves, 19 de setembro

O filme documental de Xan Leira sobre o poeta ribadense El Viejo Pancho será presentado en Ribadeo este xoves, 19 de setembro. O acto está programado para as 20:00 horas na Casa do Concello, concretamente no Salón dos Alcaldes.

Na presentación proxectarase o filme e despois haberá un coloquio, no que participarán o director do filme, Xan Leira, o escritor e investigador ribadense Pablo Rodríguez (Vivín) e o xornalista Martín Fernández Vizoso.