O Concello de Xove, a través da Concellería de Turismo, organiza un programa de rutas guiadas ao longo da tempada de verán.
As actividades teñen como obxectivo mostrar distintos lugares de interese da localidade e interpretar o patrimonio cultural, a natureza e a paisaxe de Xove.
Nesta edición de 2024 as fechas de celebración e os percorridos serán os seguintes:
Venres 19 de xullo. Esteiro de Xove, moito máis que unha praia.
Sábado 27 de xullo. San Tirso de Portocelo, un enclave único.
Venres 2 de agosto. Os acantilados de papel de Morás.
Xoves 29 de agosto. O encanto dos Muíños da Rigueira.
O comezo das rutas será ás 10 horas e terán unha duración de 3 horas aproximadamente.
As actividades serán gratuítas e é necesaria reserva previa.
Para consultar información adicional e reservas poden contactar co correo electrónico rutasgalicanorte@gmail.com e por whatssap ou chamada ao 634 631 461.
Ademais nas oficinas de Turismo de Xove e outros establecementos do municipio e de A Mariña encontrarán o cartel das rutas con un código QR para descargar o documento cos datos específicos da ruta.