O Concello de Viveiro entregará os galardóns do VI Premio de Novela Vilar Ponte o 13 de decembro

Xavier Queipo gaña o VI Premio de Novela Vilar Ponte, do Concello de Viveiro, coa obra Tamarindo. Como obra finalista foi seleccionada O Terceiro Desexo, de Lionel Rexes. A entrega de premios será o venres 13 de decembro no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 20:30 horas. Estará conducido pola xornalista Alba Porral Quintillán e contará coa actuación do Sexteto de Corda do CMUS de Viveiro.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destacou que “este premio é unha mostra do compromiso do noso concello coa cultura galega e co apoio ao talento literario. Tamarindo e O Terceiro Desexo son exemplos do poder creativo que caracteriza as nosas letras”.