O Concello de A Pontenova organiza cursos de natación, de infantil (desde os 4 anos) e adultos, desde o 15 de xullo ata o 9 de agosto, os luns e xoves, na piscina municipal.
O prezo é de 45 euros por toda a tempada ou 15 euros por semana. As prazas son limitadas e o prazo para anotarse remata o 11 de xullo.
As persoas interesadas poden obter máis información no bar da piscina ou a través do teléfono 686.66.52.77.