O Concello de O Vicedo felicitará aos nenos e nenas que estean estes días de cumpreanos. As persoas interesadas deben facer a súa petición.

O Concello de O Vicedo ven de poñer en marcha unha iniciativa solidaria para levar mellor estas xornadas de confinamento.
 
Protección Civil de O Vicedo, sacando tempo do que lles queda libre estes días, ofrece achegarse a casa de todo neno e nena que estea de aniversario e así poder cantarlle o Cumpreanos Feliz.
 
Aquelas persoas que saiban dun nen@ nestas circunstancias e queiran premiar o seu magnífico comportamento con este detalle, teñen que chamar aos números de teléfono: 982 590 029, 605 279 216 ou 660 192 765.