O Concello de Mondoñedo e a Asociación de Comerciantes (ACIAM) colaboran na posta en marcha dunha campaña para promocionar os comercios, servizos e produtos locais.
Para elo, desde o Concello de Mondoñedo se está a inventariar todos os negocios e actividades económicas con domicilio social na cidade para a elaboración dunha guía que permita a súa promoción.
O obxectivo desta campaña é buscar sensibilizar aos veciños e veciñas de Mondoñedo sobre a importancia de mercar no comercio local, contratar servizos aos profesionais da localidade e por en valor un territorio: Mondoñedo.
Na actualidade , Mondoñedo, ten dadas de altas máis de 200 actividades e todos os datos que configuran a actual lista foron tomados de rexistros públicos.
O Goberno local solicita a colaboración de todos os axentes económicos do concello para completar a lista e os datos de todos aqueles comerciantes, industriais, autónomos e axentes de servizos de Mondoñedo.