O Concello de Cervo, a través da delegación de Educación, programou diferentes obradoiros de motivación e reforzo das habilidades do rapaces.
Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, os talleres serán impartidos por profesionais especializados na Casa da Cultura de San Ciprián.
En concreto, tal e como apuntou a edil, deseñáronse tres cursos. O programa FORTIUS, que promove competencias persoais, mediante un conxunto integrado de coñecementos, habilidades e actitudes, co fin de fortalecer psicoloxicamente ao rapaz, traballando a prevención de dificultades emocionais, contribuíndo a desenvolver unha personalidade saudable e a fomentar o seu benestar. Vai dirixido a rapaces de entre 8 e 12 anos, e impartirase todos os martes de 18:30 a 19:30 horas. O prazo de inscrición remata o vindeiro luns, 20 de novembro. Impatiranse 13 sesións dende o martes 21 de novembro.
Pola súa banda o taller “PÁRATE E PENSA” está dirixido a mellorar a concentración e a reflexividade, a desenvolver habilidades de autocontrol, incidindo no manexo das emocións; contribuíndo así a reforzar, de xeito indirecto, as relacións sociais e o rendemento académico. Impartiránse 22 sesións. As 15 primeiras centradas no desenvolvemento da atención e a reflexión; e as seguintes na aplicación de autoinstrucións nas situacións interpersoais. Esta dirixido a nenos de entre 6 e 7 anos, e impartirase os martes de 17:00 a 18:00 horas. O prazo de inscrición remata o luns, 20 de novembro.
Por último, o terceiro obradoiro está adicado ás técnicas de estudo. Nas sesións avaliaranse as estratexias de estudo individuais, e ensinaranse técnicas para facer resumos, esquemas, traballaranse as estratexias de comprensión lectora e técnicas mnemotécnicas. O obradoiro está dirixido a rapaces de 1º e 2º da ESO; e impartirase os xoves en horario de 18:30 a 19:30 horas. Non hai prazo de inscrición. Dará comezo o 23 de novembro, e prolongarase ao longo de todo o curso.
Caramés sinalou que estes cursos que deseñamos son un complemento á actividade educativa que se desenvolve nos centros e no propio seo familiar, e con eles pretendemos brindarlles aos pequenos ferramentas coas que contribuír a reforzar as súas habilidades e tamén, directa ou indirectamente, o seu rendemento escolar”.
As inscricións deben formalizarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou no teléfono 982.87.91.16.