O Concello de Cervo, a través da delegación de Educación e Cultura, programa unha nova edición do Belén de Pastilina que confeccionan cada ano os nenos e nenas do municipio.
Nesta ocasión, as datas escollidas para desenvolver a actividade dirixida aos pequenos de entre 3 e 12 anos, son o sábado 2 de decembro, ás 12:00 horas na Casa da Cultura de San Ciprián; e o domingo 3 de decembro, á mesma hora, en Cervo, na Casa do Concello.
Os nenos interesados en participar nesta iniciativa enmarcada na programación do Nadal poden anotarse na Casa do Concello, na Casa da Cultura, ou chamando ao teléfono 982.879.116.
Os Beléns de plastilina permanecerán expostos ao público durante todo o Nadal.