O Concello de Alfoz organiza actividades de Nadal os días 14, 21, 28, 29 e 30 de decembro

Alfoz terá actividades de Nadal os días 14, 21, 28, 29 e 30 de decembro, todas elas con entrada de balde.

O Concello de Alfoz anuncia: “chega o mes de decembro e con el unha ampla e variada planificación de actividades programadas dende a Área de Cultura. O día 14 ás 19.00h no salón de actos, teremos unha xornada para os máis pequenos e as súas familias, coa representación teatral e musical de "O apalpador e as palabras perdidas", con agasallos para todos os nenos e nenas asistentes, ao acabar a función farase entrega dos premios do XXII Concurso de postais de Nadal. Tamén se inaugurará a exposición na Biblioteca de toda as postais presentadas ao concurso. O día 21 teremos unha visita moi especial na Biblioteca Municipal, desde as 18:00 ata as 20:00 horas estará Papá Noel para recibir a todos os nenos e nenas, coñecelos e falar con eles, tamén poderán traerlle as súas cartas. A continuación teremos un concerto de Nadal da Banda de Música Pascual Veiga, de Mondoñedo, que será ás 19:30 horas no Salón de Actos. O día 28 de decembro os nenos e nenas da Banda de Música Mestre López, da Escola de Música do Valadouro, farán un bonito e emotivo concerto de fin de ano. Para acabar, nas tardes do 29 e 30 de decembro finalizaremos o ano de maneira moi divertida, con inchables, pintacaras, xogos de Nadal e moita sorpresas divertidas máis desde as 17:30 ata as 20:30 horas no pavillón municipal de Alfoz”.