O Club Ximnasia Viveiro organiza un campus de verán do 1 ao 26 de xullo

Volve o Campus de verán do Club Ximnasia Viveiro para nenas e nenos a partir dos 4 anos, practiquen ou non ximnasia rítmica. Será do 1 ao 26 de xullo de luns a venres de 10 a 14 horas, con servizo gratuíto de madrugadores de 9 a 10 horas.

A organización anuncia que haberá “baile, preparación física, manexo de aparatos, técnica corporal, acrobacias, ballet, xogos, manualidades e moita diversión”.

Desenvolverase no pavillón municipal, no parque Pernas Peón e na praia de Covas.

As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse ata o venres 21 de xuño a través do correo campuscxviveiro@gmail.com ou de 605.56.85.92.