O club deportivo San Ciprián ofrece cursos de iniciación ao piragüismo en Cervo en dúas quendas semanais a escoller: dende o luns 7 ao venres 11 de agosto ou dende o luns 14 ata o venres 18 de agosto. O horario será de 10 a 12 horas cun prezo de 20 euros. As datas límites de inscrición serán respectivamente 4 e o 11 de agosto e o proceso de apuntarse realizarase no teléfono 610.35.18.77 a través de Whatsapp.
Existen diferentes requisitos para participar como saber nadar ou ter entre 8 e 14 anos. Ademais o club ofrece monitores, material e mesmo seguro da federación galega de piragüismo.
Os cursos, organizados polo club deportivo San Ciprián, contan coa colaboración do Concello de Cervo e a Federación Galega de Piragüismo entre outros.