O Centro Comercial Aberto de Burela inicia unha nova campaña de dinamización do comercio local co sorteo de 700 euros en premios para os usuarios dos locais de CCA Burela.
Este ano a celebración é o día 5 de maio e ata ese mesmo día todas as compras superiores a 10 euros nos establecementos asociados entregarán un ticket para participar no sorteo que se celebrará o día 8 de ese mes e no que outorgarán 2 premios de 350 euros en vales de compra cada un.
Para demostrar a transparencia colgarase un vídeo do sorteo nas redes socias da asociación no que se garante que só sexa o azar a que determine quen levará os premios.
Desde a asociación de comerciantes animan a participar a todo o mundo e xa que confiar no consumo de proximidade trae premios que non permiten outro tipo de comercios.
A intención desta campaña non é só a de dinamizar as compras, tamén é a de potenciar as relacións entre nais e fillos e fillas e entender o comercio local como o eixo vertebrador da vila, a nivel económico, pero tamén persoal, xa que mercando uns calcetíns ou tomando un refresco cos pais faise pobo e continuamos medrando xuntos.