A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, o Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, o Tenente de Alcalde, Xabier Pardiñas Suárez, e o director valadourés, Manuel Lourenzo presentaron no Castelo de Castro de Ouro, “Teatro no Castelo”, coa que a compañía Elsinor representará Derivas. O Goberno da Deputación contribúe con 8.000 euros ao financiamento dos eventos culturais deste Concello, como o festival de cine, as viaxes culturais, a publicación de libros, o mes do teatro, Festival ArcadioMon, ou as OlimpiadasInterparroquiais.
A Deputada remarcou a intensa actividade cultural do Concello de Alfoz, que conta co apoio da Deputación. “Esta obra de teatro representase nun marco incomparable, como é o Castelo de Castro de Ouro, verdadeiro emblema histórico deste Concello. Esta representación celebrase nun entorno privilexiado, que permite desfrutar do teatro ao aire libre, da man dun dramaturgo, actor, director teatral, conferenciante, tradutor e dinamizador culturalextraordinario, como é Manuel Lourenzo. Unha oportunidade unica para gozar da obra dun autor de primeiro nivel, e de recoñecido prestixio”.
García Porto explicou que esta iniciativa, ao mesmo tempo de fomentar a cultura, contribúe á promoción turística deste pequeno Concello da Mariña Lucense. “Pois consideramos que este tipo de citas, que reúnen a un importante número de persoas, son fundamentais para dar a coñecer e poñer en valor cada recuncho da nosa provincia”.
O Alcalde de Alfoz agradeceu o compromiso do Goberno da Deputación na promoción da axenda cultural do Concello, e convidou a todos os visitantes a achegarse a Alfoz para gozar do teatro ao aire libre, e ao mesmo tempo coñecer os recursos turísticos do Concello.
Elsinor Teatro presenta Derivas
Dentro da programación de verán do Concello de Alfoz enmarcase a representación de Derivas, que realizará compañía Elsinor Teatro, escrita e dirixida por Manuel Lourenzo.
A obra, que se exhibe o vindeiro 19 de agosto no Castelo de Castro de Ouro, está interpretada por; Cristina Fuentes, Carmen Martínez, Xose Martínez, Xulia Miguel e o propio Manuel Lourenzo, e ten unha duración de 70 minutos.