A Casa da Cultura de Burela acollerá a actuación de Luis Zahera o 27 de marzo ás 20:00 horas. O actor galego presentará o monólogo Historias e histerias. A actuación enmárcase no ciclo A Mariña en Clave de Humor, que organiza a Concellería de Cultura burelesa.
Luis Zahera conta no seu palmarés máis recente cun premio Goya en 2019 polo seu papel en El Reino e actualmente protagoniza a serie de Telecinco Entrevías, xunto a José Coronado con que volve traballar nunha serie de televisión.
As entradas xa están á venda en woutick.es.