O 4 de outubro volven os Paseos Saudables con Gaia en Burela

O Concello de Burela e o Centro de Saúde do municipio organizan paseos saudables, nos que as monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia servirán como acompañantes. Son abertos para a veciñanza e faranse todos os venres a partir do día 4 de outubro, de 10:00 a 12:00 horas, con saída desde o Centro de Saúde.

Esta actividade encádrase no marco da Estratexia de Promoción da Saúde do Ministerio de Sanidade e do Plan Local do Centro de Saúde de Burela.