O vindeiro sábado, 26 de novembro, dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado Ciclo Gargalladas da Área de Cultura da Deputación Provincial Lugo, terá lugar a representación teatral a Comedia “O documento”, dirixida a todos os públicos. O colectivo cultural Ollomao, de Barreiros, será o encargado de representar esta comedia ás 20:30 horas na Casa da Cultura.
O fío condutor da mesma, é o achádego de Manueliño dunha carta de amor no mandil da súa moza Sabeliña. Desesperado polos ciumes non atopa outra saída que non sexa o suicidio. Para iso buscará mil maneiras de conseguir o seu fin, pero o incesante ir e vir do resto dos personaxes farán que os seus intentos se volvan infrutuosos.