O Concello de Ribadeo e a Agrupación Cultural Francisco Lanza organizan un recital poético, que se celebrará o 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro. O acto dará comezo ás 18:00 horas e terá lugar na rúa Rodríguez Murias.
A música correrá a cargo de Andrés Bermúdez ao piano e colabora a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.
Preténdese xuntar moitas voces dispares unidas polo amor ao idioma e faise un chamamento á participación comunicando aquelas persoas que o desexen o poema da súa preferencia antes do vindeiro martes, día 22, ás 14:00 horas no teléfono 982 131 565.