O día 18 deste mes, sábado, ás 21:30 horas celebrarase a sexta edición da Festa dos Pepes en Foz. Recupérase así este evento, que non se celebrou durante a pandemia de Covid, e nesta ocasión ocúpanse da organización María José Naray e Josefa de Portela.
Este festexo, que foi creado por iniciativa de José Ramón Vila, celebrase en cada edición nun establecemento hostaleiro de Foz distinto e moitos dos participantes son Josés, Josefas, Pepes e Pepitas do municipio focego pero habitualmente tamén conta con asistentes doutras localidades da Mariña. Na edición anterior congregáronse medio centenar de persoas.
Nesta ocasión terá lugar no restaurante Barrilete e haberá cea, sorteos, contos e algunha sorpresa, como anuncia a organización.
O prezo por persoa é de 35 euros e para participar hai que inscribirse previamente a través dos teléfonos 660.720.309 ou 639.81.86.15.