O 13 de xaneiro os que se acheguen máis cedo ao pavillón Vista Alegre, de Burela, poderán obter entradas de balde para gozar da tarde laranxa.

Apúntate á Tarde Laranxa este sábado, 13 de xaneiro, e goza do mellor espectáculo futbolístico, por partida dobre, totalmente gratis en Vista Alegre, coa visita do Gualdacacín (15.45 horas) en Primeira RFEF e do Valdepeñas (1815 horas) en Segunda LNFS. 

Só os máis madrugadores terán agasallo de Ano Novo, con dobre entrada gratuíta. Os afeccionados que accedan á Bomboneira para a primeira cita da tarde tamén poderán presenciar o segundo encontro de balde.

ENTRADA
Soci@s: Gratuíto
Non soci@s menores de 18: Gratuíto
Non soci@s adult@s: 10 euros (18.15 horas Pescados Rubén Burela FS-Valdepeñas)