A xornada dará comezo coa saída ao monte ás 8 mañá do vindeiro sábado, 12 de novembro. O punto de encontro será o aparcadoiro preto do cruce das Grañas do Sor coa estrada AC-101 Ortigueira-As Pontes.
Recoméndase aos participantes levar cesta, navalla, roupa e calzado axeitados e tamén bebida e bocadillo.
Xa ás oito da tarde terá lugar a presentación do libro “Setas do Ortegal”, de Xosé Luís Cuba Crespo. Será no centro social de Loiba. E a continuación haberá un taller de cociña ata as 22:30 horas con degustación de escabeche de níscalos con mexilóns e risotto de setas con chourizo ao galmasano galego.
Os socios de Faladora poderá gozar de balde desta xornada. E os non socios farano pagando 20 euros. As inscrición poden facerse ata o 10 de novembro chamando por teléfono a Ricardo ao 653 756 454.