A sala da Oficina de Turismo do Concello de Ribadeo acolle desde hoxe, 12 de novembro, ata o vindeiro 26 deste mes, a mostra titulada A Mariña Somerxida.
Esta exposición presenta fotografías orixinais dos fondos mariños da costa de Lugo, que amosan o patrimonio natural descoñecido pola mayoría, e pon en valor a biodiversidade somerxida. Nesas instantáneas aparece o mar como recurso, como forma de vida e como parte da nosa cultura mariñeira. A mostra pretende ademais ser un referente para a divulgación, concienciación e conservación da riqueza das nosas augas polo que é especialmente recomendable para o alumnado.
A Mariña Somerxida mostra fotografías de Carlos Gil e Hugo Fernández. Promovida polo GALP A Mariña-Ortegal, esta organizada por Maremasma.
A exposición pode visitarse, de luns a sábado, desde as 10:00 ás 14:00 horas, e desde as 16:00 ás 19:30 horas.