Durante esta Semana Santa, Mondoñedo ofrece visitas guiadas gratuítas polo centro histórico da cidade.
Trátase dun percorrido de algo máis dunha hora pola Praza da Catedral, Fonte Vella, Praza do Seminario, Praza do Concello e Praza de Abastos.
O Punto de encontro será Praza da Catedral de Mondoñedo. E a hora de inicio as 12 do mediodía.
As datas de celebración destes percorridos: 10, 12, 13, 14, 15 e 16 de abril.