Máis de 170 veciños e veciñas de oito entidades da provincia de Lugo participan esta semana no programa Coñece a túa provincia que impulsa a Deputación de Lugo. Os viaxeiros dos colectivos participantes veñen dos concellos do Corgo, Barreiros, Riotorto, Alfoz, Lugo, O Vicedo e Meira. Os grupos coñecerán o patrimonio natural e cultural dunha ducia de municipios lucenses a través de distintos itinerarios.
Os veciños de Piñeiro-Quetesende Laxe Blanca, do Corgo, son os primeiros este martes en viaxar ata A Mariña para coñecer o municipio doVicedo, onde fixeron unha visita ás pontes do río Sor e unha ruta polas praias vicedenses. Ese mesmo día, o colectivo veciñal de Celeiros de Mariñaos, de Barreiros, que foron recibidos no Pazo de San Marcos polo Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, fixo o itinerario de Portomarín e Paradela que inclúe unha visita ao castro de Castromaior e visita á igrexa de Santa María de Ferreirós no Camiño Francés.
O mércores, aasociación de Veciños Ferreiravella, de Riotorto, descubriu o traballo que se desenvolveu na produtora do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo, antes de partir cara Ribas de Sil e Quiroga, mentres que os veciños de San Mamede dasOiras(Alfoz) percorreron a Granxa Gayoso Castro para continuar a súa ruta polos municipios de Portomarín e Paradela.
O xoves, a Federación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Avantar de Lugo (Lugo) elixiron coñecer a ruta que inclúe unha visita ao casco antigo de Chantada e a unha adega do Saviñao. Pola súa parte, nesa xornada aAsociación de Veciños de Santa Marta de Meilán (Riotorto) achegáronse ata a aldea do Cebreiro, visitaron unha queixería en Pedrafita, e o castelo de Doiras, en Cervantes.
Por último, o venres, aasociación de Veciños de San Román (O Vicedo) e a de Mulleres Rurais (Meira) saíron do Centro de Interpretación Terras do Miño rumbo aos seus destinos. Os primeiros visitaron Sober, e os segundos desprazáronse ata Monforte de Lemos.
O programa Coñece a túa Provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida evolta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, eentradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitasrealízanas profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia epersoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nositinerarios do programa.