Lourenzá en Xogo reunirá a 350 rapazas de España e Portugal nun torneo de baloncesto que se disputará do 18 ao 20 de abril.

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto coa Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, presentaron este mércores, no pavillón municipal de Lourenzá a XIV edición do torneo bianual internacional de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo, que se celebrará os días 18, 19, e 20 de abril nesta infraestrutura deportiva do concello mariñán.
 
No torneo competirán un total de 29 equipos, procedentes de España e Portugal, divididos nas categorías sénior, júnior, cadete e infantil. Unhas 350 rapazas que competirán e pasarán tres días no Concello de Lourenzá, onde estarán aloxadas no colexio e na casa da Xuventude, e onde desfrutaran dunha noite lúdica de recibimento, cunha festa celta.
 
Rivera Capón explicou que “é necesario apoiar o deporte feminino, especialmente o de base, para que as rapazas usen o deporte como mecanismo de empoderamento, e desde o Goberno da Deputación facémolo apoiando iniciativas como esta, para avanzarmos no camiño da igualdade”.
 
Pola súa banda a Alcaldesa destacou que “é unha cita importante para o concello e para toda a comarca. Imos consolidando o formato bianual, que nos axuda a concentrar un maior número de equipos”, tamén quixo agradecer “a implicación de toda a vila para levar adiante este torneo, grazas á que poderemos acoller as máis de 2.000 persoas que agardamos que se acheguen a Lourenzá durante a fin de semana”.
 
Equipos e categorías
Categoría Sénior:
- C.B. Gavá, Barcelona
- Terras da Mariña Lourenzá, Lugo
- C.B Balmaseda, Biscaia
- Corazonistas Vitoria, Áraba
 
Categoría Júnior:
- S. Corazón Godella, Valencia
- C.B. Balmaseda, Biscaia
- Corazonistas Vitoria, Áraba
- C.B Pontumio, A Coruña
- Dosa Salesianos, Biscaia
- Ensino, Lugo
- Basket Lena, Asturias
- C.B.N. Tenerife, Tenerife
 
Categoría Cadete:
- C.B. Gavá, Barcelona
- Depordima, Ourense
- Terras da Mariña Lourenzá, Lugo
- C.D.B de Leça, Matosinhos, Portugal
- CorazonistasHaro, La Rioja
- C.B.N. Tenerife, Tenerife
- Ensino, Lugo
- S. Corazón Godella, Valencia
- Corazonistas Vitoria, Áraba
 
Categoría Infantil:
- C.B. Gavá, Barcelona
- Terras da Mariña Lourenzá, Lugo
- B.Balmaseda, Biscaia
- Dosa Salesianos, Biscaia
- C.B. Pontumio, A Coruña
- C.B.N. Tenerife, Tenerife
- Ensino, Lugo