A Libraría Bahía, de Foz, celebra o día do libro infantil o 2 de abril cun contacontos acompañado dun obradoiro plástico.

Este sábado, 2 de abril, celébrase o día do libro infantil, coincidindo co aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, autor danés ben coñecido por todo o público polos seus inmortais contos.
 
Para conmemorar esta data importante no mundo do libro, na Libraría Bahía, de Foz, organizan un contacontos acompañado dun obradoiro plástico  titulado La invasion de los pulgones, a cargo da autora e ilustradora Nelo Polichi. 

Será  o mesmo sábado ás 12 da mañá na libraría. E unha actividade gratuíta e aberta para todas as nenas e nenos que queiran participar. “Logo de dous anos sen poder realizar apenas actividades no interior da libraría por mor da pandemia, fainos moita ilusión recuperar este espazo de animación á lectura tamén para a xente máis pequena”, sinalan desde Bahía.