A Casa de Galicia, en Madrid, acolleu a presentación da IX Carreira de Montes de Viveiro CAMOVI 2019, que terá lugar o vindeiro 27 de abril no municipio da Mariña Lucense, co apoio da Deputación e do municipio viveirense. No acto participaron o voceiro do Goberno Provincial, Álvaro Santos Ramos; a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García; o Delegado da Xunta en Madrid e Director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López; o Director Técnico da CAMOVI, Pedro Esmorís García; e o Social Media Manager da carreira, Horacio Albo Pérez.
Concello e Deputación achegan 8.000 euros para a celebración deste evento deportivo, que se ten convertido no referente das carreiras por montaña de Galicia e que reunirá, na súa novena edición, a preto dun millar de participantes. En total haberá 6 probas, con diferentes percorridos, adaptados a todos os públicos e idades.
Santos Ramos destacou “a gran repercusión que ten acadado a CAMOVI como encontro de turismo activo,capaz de xerar un importante retorno económico para a localidade de Viveiro e para o conxunto da Mariña, polo elevado número de persoas que reúne, entre corredores e acompañantes. Serán preto de 1.000 participantes de toda a xeografía galega e de diferentes puntos do país os que se acheguen a vivir esta experiencia única, e aos que queremos convidar tamén a coñecer e desfrutarda natureza, patrimonio e gastronomía da Comarca”.
Loureiro García explicou que “estamos moi satisfeitos de poder estar hoxe aquí, en Madrid, e concretamente nesta Casa de Galicia, para presentar un dos eventos deportivos máis destacados do noso Concello. Debido ao éxito que ten acadado a CAMOVI, decidimos, por primeira vez, facer a presentación fóra de Galicia e escollemos este escenario para que acade a maior proxección posible. Queremos que nesta novena edición veña a participar e a coñecer o espectacular entorno de Viveiro xente de toda España, pois estamos seguros de que quedarán con ganas de repetir”.
A Alcaldesa engadiu que “queremos que se converta nunha cita de turismo activono calendario de deportistas de toda España,xa que se desenvolve nun entorno paisaxístico inigualable,polos montes máis elevados da Ría Viveiro.Os familiares e acompañantes tamén poderán gozar da nosa costa, a maxestuosidade das nosas paisaxes de mar e montaña, e dacálida acollida das nosas xentes”.
Durante o acto de presentación proxectáronse varios vídeos sobre a historia e evolución da CAMOVI e sobre como se vai desenvolver esta carreira de trail. Cómpre subliñar o rápido crecemento deste evento que cada ano logra reunir a un maior número de participantes, pasando dos 500 corredores no 2018, aos preto de 1.000 que se agardan nesta novena edición.
6recorridos e probas deportivas para todos os públicos e idades
A Carreira de Montes de Viveiro contará con 6 probas aptas para todas as idades: C42k (42 quilómetros), C21K (21 quilómetros), C10K (10 quilómetros), C45 relevos (45 quilómetros por equipos), CAMOVIkids e unha andaina popular de 11 quilómetros. O prezo da andaina é de 5 euros,que serán doados áAsociación Española Contra o Cancro.
ACAMOVIKids contará con tres probas en función da idade dos nenos: de 0 a 6 anos (200 metros); de 7 a 10 anos (390 metros), e de 11 a 15 anos (550 metros) con diferentes desniveis. Sairán a partir das 11:00 horas da Praza Maior de Viveiro.
Os interesadospoden atopar toda a información na webwww.camovi.org e as inscricións xa están abertas en https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1660/ix-camovi-carreira-.... A falta dun mes para a cita, xa hai máis de 200 inscritos.
Adestramentos solidarios
Previamente á celebración das probas deportivas da CAMOVI, nos últimos meses tiveron lugar 3 adestramentos solidarios, non competitivos, para que os participantes poidan coñecer os percorridos desta carreira polos Montes de Viveiro. Os fondos recadados coas inscricións teñen unha finalidade benéfica, pois serán entregados integramente á Asociación Española Contra o Cancro de Lugo para o desenvolvemento da súa importante labor social.
No primeiro adestramentos realizado o 20 de xaneiro, os participantes saíron da Praza Maior de Viveiro regresando ao mesmo sitio percorrendo 15 quilómetros. O 10 de febreiro, tivo lugar o segundo con saída tamén desde Viveiro e chegando a Feira de Galdo despois de percorrer 11 quilómetros. O terceiro, o 3 de marzo, con saída de Feira de Galdo cara a Viveiro o recorrido foi de 13 quilómetros. O 14 de abril, xa previo á celebración deste evento deportivo, será o derradeiro adestramentos solidario cun percorrido entre Naseiro e Viveiro de 21 quilómetros.