Isla LeTriska chegará a Burela o venres, 27 de agosto, para representar ás 20:30 horas na Praza da Mariña un espectáculo familiar de novo circo e humor. Un número delirante no que combina novas disciplinas circenses como o malabarismo, o pallaso ou o equilibrio xunto con excentricidades e xogos co público.
Un personaxe eléctrico e bastante tolo sorprenderá a todos realizando fazañas como malabares incribles, memorizando centos de nomes, dando novos usos a obxectos cotiáns ou convertendo a un neno nun gran artista de circo. Habilidade, perspicacia, velocidade mental e sobre todo tolemia, moita tolemia.
A entrada será de balde. O evento seguirá o protocolo covid: máscara, hidroxel e distancia de seguridade entre o público asistente.