O concello de Cervo será o escenario da II Carreira Popular Sanci 5 KM o día 25 de agosto, domingo, a partir das 11:00 horas e terá como punto neurálxico a Praza dos Campos, en San Ciprián, onde se situará a saída e a meta do evento. A cita deportiva está organizada polo Club Maderas Barcia Cervo coa colaboración do Concello de Cervo.
Tal e como explicaron desde a organización, a inscrición permanecerá aberta ata o próximo 18 de agosto a través da ligazón https://xn--tourmaria-s6a.com/es/web/inscripcion/2793/?r=1.
Ademais da carreira de adultos, tamén establecerán percorridos alternativos adaptados ás crianzas, desde a categoría pitufos Sub 8 ata cadetes. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados en todas as categorías, obsequios para os mellores clasificados locais e os 100 primeiros inscritos na carreira de adultos recibirán unha camiseta técnica conmemorativa.