A histórica tenda ribadense Retales O Fuso, inaugurada no ano 1986 por Elva Díaz, acaba de reabrir este pasado fin de semana con nova xerencia, a cargo de Naroa Penedo. Pero o establecemento segue no mesmo lugar de sempre, na Praza de Álvarez Miranda, no casco vello de Ribadeo.
A nova xerente de Retales O Fuso explica que coñecía a tenda desde moi nena, porque “alí compraban sempre a miña nai e as miñas tías. Elva tivo a tenda durante 35 anos e pechouna con moito da súa xubilación, hai uns meses, e agora abrina eu”.
En Retales O Fuso teñen gran variedade de telas, patchwork, tapizados, cortinas, gasas, liño, etcétera, que venden ao peso ou por metro.
A tenda abre de martes a sábado en horario de 10:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 20:00 horas e os domingos desde as 11:30 ata as 14:00 horas.