Helga Méndez contará historias sobre as árbores no Vicedo este xoves, 3 de outubro

No Vicedo regresan as actividades de animación á lectura pertencentes ao programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia e Concello. Nesta ocasión Helga Méndez contará historias sobre as árbores a través de contos de Gianni Rodari, Shel Silverstein e a propia Helga Méndez. Será o xoves a partir das 17 horas na sala de exposicións da Casa da Cultura.

Esta actividade “é unha historia sobre as árbores, que contén varias historias contadas coa axuda da palabra e de obxectos de refugallo”.