A Historia de Galipizza comezou ao pé da Praia de Covas (Viveiro) a finais de xuño de 1993, e este sábado 16 de xuño de 2018, 25 anos despois, celebra as súas Vodas de Prata cunha xornada chea de actividades, á que convida a tódolos seus “galipizzeros e galipizzeras” para celebralo xuntos.
A xornada comezará ás 12h cunha Concentración de Coches Clásicos, organizada en colaboración co Club de Coches Clásicos Viveiro, con vehículos anteriores a 1985.
Desde as 14h terá lugar a Sesión Vermú na Terraza de Galipizza Covas, como paso previo á Comida Popular do 25 Aniversario, para a que se poden reservar tickets en calquera local de Galipizza ata este martes 12 de xuño. O prezo do xantar é de 23€ por persoa.
Xa pola tarde, a partir das 18h terá lugar unha Exhibición de Coches Radio Control a cargo da Escudería Racing Cotén.
Pola noite, a partir das 21h chegará un dos momentos máis agardados, co Sorteo de 2.000 euros en metálico con 5 premios en metálico de 800€, 500€, 300€, 250€ e 150€. Será un sorteo presencial que se celebrará na Terraza de Galipizza Covas no que se pode participar coas tarxetas Rasca&Gaña que se levan repartindo desde hai meses en Galipizza Covas.
A fin de festa musical comezará ás 23h coa actuación de DJ Marco Fernández.