A parroquia de Galdo, no municipio de Viveiro, celebrará o 12 de maio, domingo, a súa tradicional Feira das Maulas, que ten máis de tres séculos de historia.
As actividades comezarán ás 10:00 horas coa apertura do mercado popular e a feira de gando. Ás 11:00 horas comezarán as probas de andadura federada e ás 14:00 horas haberá sesión vermú amenizada polo trío La Noche, que tamén actuará no baile de tarde. Tamén haberá partido de fútbol, ás 17:00 horas, entre o Celeiro Club de Mar e Novas Raíces de Galdo.