Foz celebrará a súa Festa Normanda do 26 ao 28 de agosto deste 2022. Así o anunciou nas súas redes sociais a organización: Asociación Desembarco Normando.
A novena edición tivo lugar no verán de 2019. Ao ano seguinte, en plena pandemia do covid, non se celebrou e no 2021 tivo lugar unha versión reducida deste evento de recreación histórica.
Os detalles do programa non transcenderon, pero todo apunta a que haberá desembarco na praia de Tupide, mercado e unha chea de actividades coas que Foz despedirá así o verán.