Foz acollerá unha milla urbana e carreira de relevos o 11 de setembro. A inscrición está aberta.

Foz acollerá unha milla urbana e unha carreira de relevos o día 11 de setembro, sábado.

Empezarán ás 11:00 e ás 15:00 horas respectivamente. A saída e a chegada será na Avenida do Cantábrico, número 21 da vila focense, no paseo da praia da Rapadoira.

Para a milla urbana haberá seis categorías: pícaros, benxamín, alevín, infantil, cadete e absoluta.

As inscricións xa poden facerse na web www.championchipnorte.com.