O Concello de Foz finaliza este venres, 1 de xullo, o I Certame de Teatro Afeccionado coa entrega de premios.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “despois de poder desfrutar das obras de cinco das seis compañías focenses, o público e o xurado emitiron o seu ditame. E a entrega de premios será este venres no salón de actos da Casa da Cultura de Foz ás 19:30 horas. O acto será presentado polo actor Avelino González, que formou parte do xurado e estivo presente en todas as representacións que se levaron a cabo”.
As categorías que se fallaron son as de: mellor actriz e actor, mellor guión, mellor posta en escena, mellor dirección e mellor representación (primeiro e segundo lugar). O venres entregaranse as figuras especiais creadas polo ceramista Otero Regal para este certame.