A Festa de Troita reunirá do 29 de abril ao 1 de maio a unhas vinte mil persoas en A Pontenova.

O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, xunto ao Tenente de Alcalde, Francisco Martínez Bermúdez, e o Presidente do Centro de Iniciativas Turísticas (CIT), Francisco Javier Rois Freijo, así como de pescadores e hostaleiros, presentou este xoves a XXXIX Festa da Troita da Pontenova, que terá lugar os días 29, 30 e 1 de maio no municipio mariñán. O Goberno da Deputación vén apoiandonos últimos anos a organización deste evento, que recibiu no ano 2016 un investimento de3.400 euros. Do orzamento 2017, o Goberno destinará á Pontenova, no marco doPlan Único, 255.700 euros. E desta cantidade, o Concello achegará 3.000 euros para a Festa da Troita.

Campos Conde subliñou que “esta festa, que comezou no ano 1978 como un concurso de pesca organizado polo Centro de Iniciativas Turísticas, tense convertido nun importante revulsivo económico para o Concello da Pontenova e para toda a zona na que se inscribe. Non en vano, hai xa quince días que se esgotaron as reservas nos hoteis do Concello, e xa se están a encher as habitacións das vilas próximas”.

O evento, declarado Festa de Interese Turístico Galego e Interese Turístico Deportivo Nacional, reunirá ao longo dos tres días a preto de 20.000 persoas que poderán gozar dunha ampla programación, coa degustación de troitas nas casetas, acompañadas con pan e viño, a un prezo de 5 euros;os concursos de pesca nas modalidades de lance, salmón e mosca; así como diferentes actuacións musicais e a entrega das distintas Troitas de Ouro, que recoñecen en cada edición aos persoeiros máis destacados do mundo da pesca.

O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova engadiu que “esta cita é un obrigado encontro gastronómico á par que un evento deportivo de repercusión nacional, posto que xa está confirmada a participación de 120 pescadores nos diferentes concursos. Na pasada edición puidéronse coller pezas de salmón de entre 5 e 8 quilos, e na anterior bateuse o récord coa pesca dun exemplar de 10,5 quilos de peso. O que fai do evento unha cita moi apetecible para os afeccionados da caña e a sedela”.

Programación
Sábado, 29 de abril
- 22:00 horas: Apertura da caseta e degustación de troitas. Verbena a cargo da orquestra Havana Eventos.

Domingo, 30 de abril
- Sesión vermú a cargo da orquestra Costa Dorada.
- 20:00 horas: Entrega pública das distintas Troitas de Ouro
    - Selección Española de Pesca a Mosca (Doble campeona do Mundo)
    - José Luis Brandón (Organización Concurso Pesca a mosca)
    - Programa de TVE Jarra y Sedal (Polos seus 25 anos en antena)
    - Irmandamento coa Festa da Solla de Leiro
- 21:00 horas: Pregón a cargo de Antonio Pérez Henares “Chani” (Escritor, periodista e tertuliano de televisión). 
- Verbena a cargo das orquestras Costa Dorada e La Fórmula.

Luns, 1 de maio:
- 9:00 horas: Comezo dos concursos de pesca (lance, salmón e mosca).
- 12:30 horas: Actuación banda de música.
- 13:30 horas: Remate dos concursos, pesaxe e clasificación.
- Sesión vermú coa orquestra Trebol.
- 17:30 horas: Entrega trofeos no Salón de Actos da Casa da Cultura.
- 20:00 horas: VII Foliada da Escola de Música de A Pontenova.
- Verbena a cargo da orquestra Trebol.