As escolas deportivas do Concello de Burela incluirán este curso 2024-25 tenis, pimpón, rutas en bici e patinaxe lúdica. Trátanse de actividades dirixidas a nenas e nenos nados entre 2012 e 2018.
As clases de tenis serán os luns de 15:30 a 16:30 horas no pavillón dos Castros, onde tamén serán as clases de patinaxe lúdica os xoves de 15:30 a 16:30 e de 16:30 a 17:30.
As clases de pimpón terán lugar no pavillón dos Castros ou na Casa da Xuventude os luns de 16:30 a 17:30 horas.
As rutas en bicicleta serán os martes e mércores de 15:30 a 17:00 horas, guiadas por un monitor para percorrer e coñecer o concello. O punto de partida será a Praza do Concello.
As cotas de inscrición son de 6 euros ao mes por actividade e as fichas de inscrición deberán ser entregadas na Casa da Xuventude, en horario de 10:00 a 14:00 horas do venres 27 ao xoves 3 de outubro. Haberá un máximo de 15 prazas por actividade.