A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo impartirá ukelele e danza de adultos o vindeiro curso 2021-2022.

Desde o vindeiro xoves, 1 de xullo, e ata as 14:00 horas do 15 de xullo estará aberto un prazo de solicitude de matrícula na EMMeD no curso 2021/2022 para o novo alumnado. 

O responsable da Escola ribadense, Hugo García, explica que “se fará de xeito telemático a través dun formulario que se atopará na páxina web da escola. No caso de que pechado este prazo haxa máis solicitudes que número de prazas dispoñibles, realizarase un sorteo para determinar as persoas que entran neste novo curso. As restantes formarán parte dunha lista de agarda”.

García subliña que “ademais da abanico habitual de materias que a EMMeD ofrece, este curso como novidade, engádense dúas novas: ukelele e danza de adultos. Foron numerosas as persoas que foron preguntando por estas disciplinas e finalmente decidimos engadilas dentro do catálogo de materias do centro”.