Este xoves, 12 de marzo, dá comezo o Programa de Difusión Cultural ADRAL, organizado pola Xunta de Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro. Será co concerto que ofrecerá o Coro do Conservatorio de Música de Viveiro ás 20:30 horas na Igrexa das MM Concepcionistas.
O venres, 13 de marzo, ás 20:30 horas na Sala Multiusos do Concello terá lugar a conferencia inaugural titulada As mulleres nos relatos evanxélicos da paixón, que correrá a cargo de Antonio Menduiña Santomé, director do Instituto Teolóxico San José de Vigo. Pechará este acto o Obradoiro de Canto Coral do Conservatorio de Música de Viveiro.
O sábado, 14 de marzo, ás 20:30 horas na Igrexa de Santa María ofrecerá un concerto a Banda Municipal de Música O Landro de Viveiro. Este concerto terá como mestre de cerimonias ao guía actor Suso Martínez, que dará vida a un viaxeiro no espazo e no tempo a través das músicas.
O 18 de marzo ás 20:30 horas nos Cines Viveiro proxectarase a película María Magdalena. A recadación íntegra será destinada a Cáritas Interparroquial de Viveiro.
O 26 de marzo ás 20:30 horas na Igrexa das MM Concepcionistas haberá un concerto a cargo da Orquestra de Guitarras do Conservatorio de Música de Viveiro.
O 27 de marzo ás 20:30 horas na Igrexa de San Francisco ofrecerá un concerto o Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia.
O 28 de marzo será o X Certame de Bandas Cidade de Viveiro. Ás 19:30 horas haberá pasarrúas polo casco vello e ás 20:30 horas na Praza Maior celebrarase o Certame de Bandas no que participarán a Banda Tau de CCTT de Viveiro, a Banda Nuestra Señora da Misericordia de Viveiro, a Banda Naval de Viveiro, AM Virgen de la Amargura de Ferrol e a Banda de CCTT Sagrado Corazón de Jesús de Marchena-Sevilla. En caso de choiva as actuacións terán lugar no Teatro Pastor Díaz.
O 31 de marzo ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz terá lugar a conferencia de clausura titulada Os fondos pictóricos da Catedral de Mondoñedo a partir da Idade Moderna, que correrá a cargo de Juan Manuel Monterroso Montero, Doutor en Historia do arte pola USC. Despois terá lugar a presentación da revista Pregón.
O 4 de abril ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz celebrarase o pregón da Semana Santa de Viveiro que ofrecerá Aurelia Balseiro, Directora do Museo Provincial de Lugo. O acto será presentado por José Manuel González Páramo e ao remate actuará a Coral Polifónica Alborada de Viveiro.
Colaboran na organización destas actividades: Xunta de Galicia, Concello de Viveiro, Concellería de Cultura de Viveiro, Deputación de Lugo, Abanca, Unidade Pastoral de Viveiro, Convento das MM Concepcionistas, Conservatorio de Música, Banda Municipal de Música O Landro, Banda Tau, Banda Nuestra Señora da Misericordia e Banda Naval de Viveiro.