A sala de exposicións da Casa da Cultura acolle ata o vindeiro 30 de abril unha selección da obra de Xosé López Losada "Xolo", usuario da Unidade Residencial da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental "A Mariña".
A mostra, denominada "Adaptacións", está composta por 15 obras escollidas entre máis de 200 cadros.
Xolo (Ourol, 1967) comezou a súa relación co mundo artístico de moi novo, aos 5 anos, tal e como el recorda. No ano 1987 trasladouse a Salamanca para estudar Belas Artes, onde conseguiu Matrícula de Honra no primeiro curso da Universidade. A finais do segundo ano, unha enfermidade mental impediulle seguir pintando, ata o 2005 que retomou a actividade.