A Biblioteca Municipal de Ourol organiza o obradoiro titulado A ciencia é divertida o dia 22 de abril.
Esta actividade, dirixida a nen@s de 3 a 7 anos, consiste nun obradoiro de contos e experimentos. Os seus organizadores aseguran que nos primeiros anos da nosa vida movémonos pola curiosidade, e por iso é importante que os máis pequenos experimenten e gocen descubrindo.
O obradoiro dará comezo ás 11:00 horas do sábado 22 de abril, e terá lugar na Casa da Cultura-Biblioteca Municipal.
A inscrición pode facerse no número de teléfono 982 55 90 19, antes do venres 21 de abril.
Esta actividade inclúese no programa Ler conta moito.