O Concello de Burela acollerá ao longo dos meses de xullo e agosto numerosas actividades deportivas e de ocio dirixidas á rapazada e a toda a veciñanza do municipio.
Por una banda, no día de hoxe deron comezo os campamentos de verán, que se desenvolverán no CEIP Virxe do Carme, de luns a venres entre as 9:00 e as 13:30 horas.
O primeiro destes campamentos rematará o 12 de xullo, e os seguintes terán lugar do 15 ao 26 de xullo, do 29 de xullo ao 9 de agosto e do 12 ao 23 de agosto.
Por outra banda, o vindeiro luns, día 8 de xullo, a delegación de Deportes do Concello dará comezo ó programa Verán Burela 2024. Esta iniciativa prolongarase ata o 29 de agosto e incluirá xogos na praia os luns, rutas de senderismo os martes, happy dance os mércores, e rutas en biciceta os xoves.
As inscricións neste programa poderán ser realizadas na Casa da Xuventude entre este mércores 3 de xullo e o venres 5 de xullo. O prezo será de 8€ por actividade e por mes.
"Ademais destas actividades, haberá así mesmo fútbol 3x3, fútbol praia e básket 3x3, e tamén se celebrará a Carreira Burela Bonita, completando a extensa programación deportiva do verán burelao", explica o concelleiro de Deportes, Carlos Méndez Pena.
A alcaldesa de Burela, Carmela López, sinala que “estamos traballando dende cada área municipal nunha programación completa, ofrecendo todo tipo de actividades para que a vila estea máis viva que nunca no verán". "Esta ampla programación deportiva serve, ademais, para promover un estilo de vida activo saudable”, engade a rexedora.