Mañá, mércores 4 de marzo, terá lugar o comezo da XXIV edición da Feira da Ciencia de Ribadeo, no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Nela participarán boa parte dos estudantes do IES como expositores dos seus propios traballos, dende os cursos iniciais que son impartidos no IES ós finais. Os traballos versarán sobre temas de Bioloxía, Xeoloxía, Física e Química.
Estará aberta mércores, xoves e venres en horario de mañá, de 9:20 a 13:10, cun pequeno descanso entre 11 e 11:30.