Do 26 ao 29 de agosto celébranse en Lourenzá as Festas do Conde Santo, que comezarán cunha cea-baile.

Do 26 ao 29 de agosto celebraranse as festas patronais de Lourenzá, as do Conde Santo.
Comezarán o 26 coa Farra do Conde, unha cea-baile, na que haberá djs e unha actuación de Toxo Guayaba, co patrocinio de Patrimonio Laurentino. Os tíckets para poder asistir pódense comprar nos bares do pobo.

O 27 de agosto haberá sesión vermú amenizada por Distrito 7, que tamén estará na verbena xunto con La Banda de Nash. O 28 de agosto a sesión vermú correrá a cargo de La Favorita, que repetirá na verbena con Nueva Fuerza. E o luns, 29 de agosto, haberá unha última sesión vermú, amenizada por D Vicio.