Ata o 22 de setembro pódese visitar na Oficina de Turismo de Ribadeo a exposición A fuego y martillo, de César Castaño. Trátase dunha mostra de esculturas realizadas en ferro. O horario é de luns a domingo de 10 a 14 horas polas mañás e de 16 a 20 horas polas tardes.
A Oficina de Turismo está situada na rúa Dionisio Gamallo Fierros, 7.